Identidade corporativa

A identidade corporativa recolle os símbolos de representación da Universidade de cara a crear unha unidade interna e unha proxección externa coherente, forte e representativa dos seus valores, unha marca con presencia diferentes contextos nos que se desenvolve.
A nova imaxe é un valor tanxible da institución, unha marca que vai máis alá do logotipo, o vehículo para comunicar os valores da institución e un valor en sí mesma.
De acordo con esta nova visión da institución, a nova marca da Universidade de Vigo cumpre os seguintes obxectivos:

  • Expresar os valores renovados da Universidade de Vigo. A nova imaxe representa un novo proxecto da institución.
  • Facilitar a adaptación a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Amplificar a percepción da Universidade de Vigo como axente de transformación do seu contexto socioeconómico.
  • Aumentar o poder de atracción da universidade respecto do seu público obxectivo, o futuro alumnado.
  • Proxección exterior da institución: situar á Universidade de Vigo no ámbito dos ensinos superiores, no conxunto da comunidade científica e respecto dos axentes sociais e económicos.
  • Constituírse nun máis dos elementos diferenciadores respecto da competencia.
  • Propiciar a cohesión interna da comunidade universitaria dotándoa dun novo símbolo identitario que represente a diversidade da institución.

Posto que a súa implementación se vai realizar paulatinamente, segundo se precisen novos elementos publicitarios e se renoven os antigos, requírese a colaboración de toda a comunidade universitaria con propósito de conseguir que a nova marca nos represente a todos e potenciar a visibilidade da Universidade no marco europeo no que compite.