Logotipo

Logotipo Universidade de VigoO logotipo da Universidade de Vigo está composto en New Baskerville, baseada nos
deseños de John Baskerville (1.761).

O logotipo
É institucional
É académico
É riguroso
É culto
É atemporal

O logotipo non se debe reescribir en ningunha tipografía. Tampouco está permitido reescribilo na tipografía corporativa. Cada vez que se use o logotipo debe ser cun dos arquivos orixinais do manual de imaxe (EPS, JPG, TIFF).

O logotipo non se debe utilizar nunca en ningunha cor que non sexa corporativa; branco ou negro, non se pode xirar en nengún caso.

A súa posición é sempre horizontal. A única excepción son nos lomos das publicacións. O logotipo non se pode deformar libremente, nin no seu ancho, nin na súa altura, inclinación, etc.

O logotipo non se debe empregar sobre fondos sucios, xa sexan imaxes, textos ou motivos que distorsionen a súa lectura. A convivencia con outros logotipos está baseada na zona de protección do logotipo, os cales deben situarse na distancia que proporciona esta zona de protección.

O logotipo debe empregarse nos seguintes elementos:

  • Papelaría: tarxetas, comunicados internos e externos, carpetas e, en xeral, toda clase de impresos.
  • Material promocional da institución, como son os anuncios en prensa e revistas, dípticos, páxinas web, merchandising, etc.
  • Elementos identificativos: firma de correos electrónicos, rótulos de edificios, automóbiles e mobiliario.
  • Publicacións.

En resumo, o logotipo debe empregarse en todo elemento relacionado coa Universidade de Vigo,  salvo naqueles casos nos que sea obrigatorio o uso do escudo.

Convivencia cos logotipos específicos

O logotipo da Universidade é único, non se permite o uso de logotipos especificos dos diversos estamentos que conforman a Universidade. Para diferenciar os distintos centros e servicios emprégase o sistema de firmas, como se amosa no apartado de subemisores, así como elementos gráficos elaborados coa nova tipografía “Campus”, aplicados independentemente do logotipo

Os escudos existentes nas distintas titulacións non se poden usar como logotipos, posto que deben cumprir unha función similar á do escudo da Universidade, de representación da autoridade académica en actos protocolarios e documentos oficiais das distintas titulacións.

Descargar Logotipo

Descargar capítulo sobre o logotipo do Manual de identidade